O pasado luns, tivemos a visita de Antón Sobral e Saleta González Pimentel, artista e bióloga participantes, xunto coa profesora deste insti Carmen Hermo, no proxecto: “Stop and help. Que o lixo non chegue ao mar”. Falamos sobre ecoloxía, medio ambiente e arte e natureza.
Tamén lles mostramos o estado e os avances na escultura que o grupo de 1º de bach A está a facer co lixo de plásticos que nos aportan as recollidas programadas ao abeiro deste proxecto. Na aula de debuxo temos un curruncho onde estamos a desenvolver este proxecto. Debuxos e mapas mentáis conviven acotío cos refugallos mariños que pronto se convertirán nunha bola do mundo, belísima pero iso si, feita de lixo…




