Visita de Paula Andrés

Home / Centro / Visita de Paula Andrés
Visita de Paula Andrés
Esta semana o grupo de 1º de Bacharelato de Artes, na materia de Proxectos Artísticos, recibimos a visita de Paula Andrés, unha fotógrafa que nos fixo gozar dunha experiencia moi divertida, na que aprendemos moito sobre fotografía e conseguimos unhas imaxes do máis espectacular… e todo co noso móbil! 💫📷✨
Este taller foi organizado polo Departamento de Normalización Lingüística, en colaboración co programa “Ben veñas Maio”, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. #benveñasmaio